O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu o acto de despedida do alumnado do Lycée du Pays de Retz de Pornic que durante toda a semana estivo de intercambio conviviendo con varias familias do municipio.
A Concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, foi a encargada de darlle a despedida e facercelles entrega de un pequeño agasallo de recordo da visita a vila a cada un dos integrantes do grupo de estudantes do del Lycée du Pays de Retz de Pornic. Tamén se lles fixo entrega dun recordo para deixar constancia da expereiencia vivida en Baiona no instituto francés. Ao acto tamén
acudiu profesorado de ambos os institutos.
Os franceses e francesas acudiron acompañados polo estudantado baionés. Os baioneses e baionesas, de entre 16 e 17 anos, estudantes de francés de 4º da E.S.O. e de 1º de Bacharelato bacharelato, estiveron hay unhas semana, do 4 ao 10 de outubro, en Pornic e agora foi o turno do alumnado francés en BaionaUnha visitamáis especial, se cabe, pois a visita a Baiona está enmarcada nos actos organizados polo Concello de Baiona con motivo do “25 aniversario Irmandamento de Baiona con Pornic”.
.
Baiona e a localidade francesa de Pornic dan un paso máis para reforzar os seus lazos cun intercambio entre alumnado de ambas as vilas. Chegaron á vila de Baiona o 17 de outubro e durante toda a semana percorreron diferentes zonas do noso municpio e realizaron distintas actividades.
O programa de intercambio foi impulsado e fomentado polo Concello de Baiona que colaborou co instituto baionés para que os estudantes viaxasen ata a localidade irmá.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal