A campaña de “Coidados porta a porta” que ofrece coidados médicos gratuítos a maiores de 55 anos chegará a Baiona a próxima semana. O goberno local, a través da Concellería de Servizos Sociais, solicitou á Xunta este servizo, que se presta mediante unidades móbiles que realizan visitas de varios días aos municipios rurais. Nestes vehículos ofrécense servizos de oftalmoloxía, audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria ás persoas que non teñen facilidades para acceder a estas prestacións.
Unha unidade móbil deste servizo visitará o municipio os próximos días 4, 7, 8, 9 de novembro na Avenida Arquitecto Jesús Valverde (entrada do parador de Baiona). Unha unidade móbil instalarase neste lugar para prestar de forma gratuíta os servizos en horario de atención será das 09.00 ás 20.00 horas.
Desde a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona anímase á poboación maior de 55 anos do municipio para participar neste programa, destinado especialmente a efectuar revisións e valoracións auditivas, atención podológica para prevención e tratamento das principais patoloxías e realización de probas de valoración cognitiva para a prevención de doenzas como o Alzhéimer ou demencias neurodegenerativas.
Para máis información e cita previa no teléfono 622748283 ou no email: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal