Case 60 tipos de cervexa a disposición de todo aquel que se achegue ao Parque da Palma entre este xoves, 28 de xullo, e o domingo, 31. Tal é a promesa da II Festa da Cervexa Artesá de Baiona “La Pinta”, organizada polo Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, e da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.
Unha festa da cervexa de autor que, na súa segunda edición, converterá a vila nun punto de encontro de afeccionados e produtores. Os artesáns chegados, sobre todo, da provincia de Pontevedra e de distintos puntos de Galicia e algúns convidados do estranxeiro terán estes días as súas casetas en A Palma.
A entrada á feira é gratuíta.
“Desde o Concello de Baiona queremos centrarnos en reforzar o carácter familiar da celebración. Por iso, esta II edición contará cunha variedade de xogos infantís dedicados a divertir aos máis pequenos da casa. Ademais, cada xornada estará amenizada por DJs locais. Haberá foodtrucks, degustacións, charlas, obradoiros, sesións “BEER-MÚ” e moita diversión”, destaca o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal