A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, xunto coa asociación de empresarios de Sabarís, Coemsa, organizan un certame de Microbeléns.
Á finalidade deste certame é potenciar as artes plásticas e as manualidades, incentivar a creatividade, así como conservar as nosas tradicións e fomentar as actividades en familia.
O tamaño do belén non poderá exceder de 30×60 centímetros, e todos os traballos presentados a concurso estarán expostos do 17 de decembro de 2021 ao 9 de xaneiro de 2022 no edificio multiusos Mercado de Sabarís.
Establécense as seguintes categorías; microbelén máis orixinal, microbelén máis laborioso, e microbelén máis popular. Este certame compleméntase coa categoría Belén familiar en domicilio particular,o cal terá un tamaño libre, estando prevista unha visita guiada aos beléns máis destacados.
A inscrición para participar, realizarase na Oficina de Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica, do 29 de novembro ao 10 de decembro de 2021, cubrindo o correspondente formulario xunto co DNI.
Máis información na Concellería de Cultura do Concello de Baiona, no teléfono 986385921, ou na asociaciónde empresarios Coemsa.
Departamento de Cultura
Baiona, 30 novembro de 2021