Esta mañá o Paseo Ribeira acolleu a presentación da Terceira Edición do Festival “La Recta” que se celebrará este sábado 20 de maio no emblemático enclave da Avenida da Praia Ladeira.
Miguel Costas, Ex membro de Sinistro Total, foi a estrela do pop rock dos 80 que puxo ritmo á presentación na que se desvelou o cartel do festival: Seguridade Social, Pistones, e o propio artista.
Os baioneses e baionesas que se achegaron ata o lugar gozaron dun pequeno aperitivo do que será o festival coa actuación de Costas.
“Si te acuerdas de los 80 es que no los vivistes”. Esta frase de Loquillo mide os graos de implicación na década en que España fíxose moderna e deixou o mito da ‘movida’ asociado a un tempo. A ‘movida’ foi principalmente Madrid. Tamén o foi Vigo e Baiona era unha das principais paradas da movida viguesa.
O espazo escollido o evento non podería ser outro que a Avenida da Praia Ladeira, enclave ideal para contextualizar os anos 80 baioneses, epicentro da Recta de Baiona.
Seis horas de música, desde as 20:30h ata a 2:00 A.M aproximadamente, trasaladarán aos oitenta a todas as persoas que se acheguen a gozar da música.
Tras o éxito dos dous primeiros festivais desde o Concello de Baiona séguese apostando por unha terceira edición na que dar continuidade ao involucramento a diferentes sectores, como a hostalería de Baiona e por suposto aos veciños e veciñas a través do propio Concello.
É un festival que naceu con afán de chegar a consolidarse no panorama musical, para iso, é o Concello quen patrocina todo o evento para ofrecelo en formato gratuíto. É unha oportunidade única de reinvindicar a historia da movida baionesa. Tamén un recoñecemento a todo os empresarios e empresarias que apostaron por esta zona de Baiona e que co seu traballo e esforzo conseguiron posicionar a localidade en parada obrigatoria do roteiro da famosa movida ochentera.
A idea gozar dun festival para Baiona, que se consolide no tempo e que recolla a varias xeracións, música sen data de caducidade que nos traslade a “calquera tempo pasado foi mellor”. Concertos e gastronomía que faga lembrar aos que a viviron e ensinen aos que non tiveron a oportunidade de facelo. Quérese converter Baiona nun referente da época dourada do Pop español.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal