O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local de Baiona, vai realizar un corte de tráfico progresivo e desvíos este sábado 19 de febreiro en xornada de tarde con motivo do Desfile de Comparsas de Entroido de Baiona.
O primeiro dos cortes producirase desde as 15:30h no carril dirección Vigo da Avenida Urbana de Sabarís até as 17:45 cando o tráfico quedará totalmente cortado desde a rotonda da autoestrada en Sabarís (PO-552 Km. 14.500) até a rotonda da Vila Rosa (PO-552 Km 17) até o final do desfile, que se estima sobre as 20:00h. O tráfico, durante o corte, será desviado por vías alternativas e pola circulación AG-57.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal