O aparcadoiro municipal do Aral de Baiona amplía o seu horario de servizo a 24 horas a partir de hoxe, día 1 de xullo, durante toda a tempada estival.
O Concello de Baiona, como é costume, aumentará o horario de apertura da instalación durante o verán. Durante as 24 horas do día haberá un operario no aparcadoiro para axudar e facilitar aos usuarios e usuarias no que fose necesario.
O concelleiro encargado da infraestrutura municipal, Óscar Martínez, destaca que “o novo sistema de acceso mellorará a experiencia das persoas que utilicen este aparcadoiro, realizando automáticamente o desconto do 20% da tarifa de rotación para os vehículos que tributen no municipio”.
El Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca, que coa mellora do servizo e a modificación da ordenanza municipal que rebaixou as tarifas, “queremos garantir un servizo público, de calidade que beneficie o máximo posible á veciñanza de Baiona”.
Así mesmo, lembra que “todos os veciños e veciñas del municipio poden gozar dunha hora de aparcadoiro gratis todos os días do ano tamén sábados, domingos e festivos”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal