O sábado, 18 de novembro, o Multiusos Mercado de Sabarís este acolle unha sesión dobre de cine: ás 17:00 h. para o público infantil proxectarase “Calamity” e ás 20:00 h. Para as persoas adultas “Matria”.
A proxección encádrase dentro do “Baiona Lila”, a programación organizada polo Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade,co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona.
A actividade é gratuíta e para participar non é necesaria a inscrición previa basta con presentarse non lugar un pouquiño antes da hora sinalada.
Sinopse “Calamity”:
En 1863, Martha Janes debe aprender como manexar aos cabalos dunha carruaxe para poder así participar nun convoi que transita polo oeste dos Estados Unidos. Un día decide poñerse pantalóns e cortarse o pelo, xerando así unha enorme polémica que sacará a relucir o seu verdadeiro carácter #ante as innumerables dificultades que se se presentan nun mundo tan grande como salvaxe e no que todo é posible.
Sinopse “Matria”:
Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse á boia e proporcionar un futuro mellor á súa filla Estrela. Pero cando Estrela está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal