O Alcalde e a Concelleira de Cultura desvelaron un dos segredos mellor gardados da programación do nadal: A Visita dos reis magos ao Concello de Baiona.
O Concello de Baiona decidiu modificar a súa tradicional cabalgata de Reis, que habitualmente percorría as súas rúas máis importantes o 5 de xaneiro, e deseñou unha versión de “cabalgata visitable e estática”, con ás tres carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar que os veciños e veciñas poderán admirar desde certa distancia no parque de “A Palma”.
Esta é a aposta para evitar aglomeracións que deseñou a Concellaría de Cultura que está a organizar un dispositivo especial para que a tarde do 5 de xaneiro colóquense as carrozas neste espazo seguro, “A Palma”, onde as persoas interesadas poidan visitalas entre as 17:00 e as 21:00 horas. En este evento do Nadal os Reis Magos “estarán atentos e saudando a todas as persoas que pasen polo percorrido que estará controlado, marcado coas pautas de seguridade e tomaranse todas as medidas de seguridade pertinentes”.
Así mesmo, para garantir que ninguén quede sen ver aos Reis Magos e co fin de evitar aglomeracións o propio día 5 de xaneiro, un día antes, o 4 de xaneiro, a comitiva real desprazarase até distintos puntos nas parroquias baionesas: “Desde o Concello de Baiona escribimos un email aos reis magos de oriente para que fixesen un esforzo extra na nosa localidade e fagan un alto no camiño o luns día 4 para visitar aos nenos e nenas das nosas parroquias”, matiza a Concelleira de Cultura, Miriam Costas, encargada do departamento que deseñou toda a programación do Nadal de Baiona.
Deste xeito, as súas maxestades de oriente visitarán as distintas parroquias do municipio baionés. Na folla de ruta das súas maxestades para este día figuran as seguintes visitas: Á parroquia de Baredo de 17:00h-18:00h( lugar a concretar), a Fontes- Baíña (concretamente á rotonda CEIP Fontes-Baíña) de 19:00-20:00h, a Belesar, (esplanada CEIP de Belesar), de 17:00h-18:00h e a Sabarís( na Praza Vitoria Cadaval) de 19:00h-20:00h.
En canto aos habituais caramelos, este ano non serán lanzados desde a cabalgata, senón que serán distribuídos polos paxes dos reis magos en bolsas individualizadas. Os paxes tamén serán os encargados de facer chegar á comitiva real as cartas de última hora daqueles nenos e nenas que queiran facerllas chegar ás súas maxestades de oriente.
“Unha comitiva estática e o público pasando ordenadamente e con distancias”, así será a cabalgata de reis da vila mariñeira este ano. Rebelouno o alcalde, Carlos Gómez Prado, “que a pesar da situación sanitaria non quere renunciar nin á cabalgata de reis nin aos festexos propios do Nadal”.
“Desde o Concello de Baiona mándase unha mensaxe de tranquilidade a cidadanía xa que se van a por as medidas de seguridade e preventivas necesarias, cumprindo a normativa marcada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. O obxectivo xeral é reducir ao máximo o risco de contaxio e transmisión da pandemia á vez que se goza da oferta cultural do Nadal”, matizou o rexedor.
O Alcalde e a Concelleira de Cultura queren agradecer o traballo realizado polo departamento de Cultura, encargado de deseñar toda a programación de nadal, e aos operarios do concello que “Fixeron un magnífico traballo de iluminación con respecto ás carrozas. Traballan a contrarreloxo para poder gozar dunha carroza iluminadas con millóns de puntos led”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal