Comeza o IV Ciclo de Conferencias “O Falar das Pedras” que se impartirán todos os luns lectivos de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 h. O vindeiro luns, 10 de xullo, ás 20:30H, arrinca coa ponencia “Entre Austrias y Borbones, A Coruña y Baiona en la guerra de Sucesión, 1700 -1714” do Licenciado en Dereito e Historia, Arturo Abad Pardo.
Este ciclo de conferencias está organizado desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Iniciouse no ano 2019, sendo interrompidas no 2020 pola pandemia. Una vez superada a crise sanitaria retomouse a súa celebración e fíxose nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado MULTIUSOS MERCADO DE SABARÍS (Benito Fariña, 3).
O ciclo, está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas como misión potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal