Con motivo do Día Nacional contra a Artrite, o Concello de Baiona quixo sumarse a esta celebración cun aceso de luces de cor verde no edificio da Casa do concello e o Cruceiro da “Santísima Trindade”na noite de onte. Unha iniciativa á que querido adherirse co obxectivo de sensibilizar ao resto da poboación sobre as persoas que padecen artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil e espondiloartritis, que en España suman máis dun millón de persoas afectadas.
No acto do aceso estivo o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, acompañado por varios concelleiros do equipo de goberno que quixeron mostrar o seu apoio aos membros de familias baionesas que teñen familiares que padecen esta enfermidade, que tamén participaron na actividade.
Durante o mes de outubro a Coordinadora Nacional de Artrite realiza a campaña “Outubro, mes da artrite e espondiloartritis” con diferentes actividades para sensibilizar, informar e dar visibilidade a estas enfermidades, as cales non sempre son recoñecidas a primeira ollada e que cursan con períodos de máis ou menos actividade e con dor moi intensa incapacitando moitas veces para accións tan sinxelas como abotoar unha camisa ou atar un zapato, estas enfermidades non só preséntase en persoas maiores, senón tamén en mozas e poboación infantil.
Unha desas actividades dentro da campaña é, “Loce pola artrite” e iniciouse onte, o día 1 de outubro, Día Nacional da Artrite, esta actividade vén realizando desde o ano 2015 en distintas cidades a nivel nacional coa iluminación en cor verde de edificios emblemático.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal