O tramo alto da céntrica Rúa Carabela Pinta en Baiona reabre ao tráfico. O tráfico rodado recupera así a normalidade no centro urbano de Baiona, reorganizado en abril ao cortar o vial ao tráfico para desenvolver os traballos.O sentido da circulación volveu ao mesmo que os condutores viñan realizando antes das obras no vial: Xa se pode circular polo tramo remodelado de Carabela Pinta e acceder tamén a Cidade de Vigo, que volve cambiar de sentido.
A parte alta da céntrica rúa baionesa será “de convivencia” é dicir, os peóns teñen prioridade e os vehículos deben circular a unha velocidade moi reducida, de 10km/hora.
Despois da tempada de verán retomaranse as obras no tramo de Huertas Reales, onde o pavimento de lousa será cambiado por granito.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal