Reparación urxente do paseo do río Maré, na parroquia de Baiña, Baiona.
A última enchenta do río Maré, o pasado inverno, provocou que un dos tramos da senda fluvial executado en 2017 se deteriorase pola forza da enchente, desprazando a base da pasarela e provocando a súa desestabilización. O tramo afectado é de aproximadamente 60 metros lineais.
Trátase dun dos tramos máis transitados, que comunica dous puntos estratéxicos da parroquia, o que permite reducir notablemente a distancia entre eles. Ademais de facilitar a comunicación sen barreiras arquitectónicas.
Os traballos de emerxencia realizados consistiron na desmontaxe e almacenamento para a posterior reutilización de parte da estrutura, mesas de tráfico e varanda en toda a súa lonxitude, cun total de 152 m. Substitución da madeira almacenada e substitución da parte danada, reforzando e atornillando os 152 m. Permitindo asegurar e certificar unha vez máis a estabilidade do conxunto. Limpeza, lixado e aplicación de tratamento tipo lasur en toda a superficie, así como aplicación de tratamento antiescorregadizo, permitindo un uso seguro.
A obra foi adxudicada no mes de decembro á empresa CODEMA LOMBA S.L., por un importe de 45.459,22 euros. As obras foron cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra, a través dunha subvención polos danos ocasionados polas inundacións e fondos municipais.
Segundo palabras do alcalde “las obras de reparación de la pasarela, se han realizado con la mayor rapidez posible, permitiendo nuevamente que los vecinos del Burgo, puedan transitar con seguridad por ella. Acortando distancia a la playa y disfrutando de un agradeble paseo por el río” .
Concello de Baiona.