O Concello de Baiona, dentro dos obxectivos da Axenda 2030, adhírese á campaña ‘Unha árbore por Europa’. Para selar este compromiso pola sustentabilidade, procedeuse hoxe á plantación dunha árbore por parte do Alcalde, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Medio Ambiente, Rosa María Domínguez Roda. Un acto simbólico que tivo lugar no parque próximo á Escola Infantil A Galiña Azul do municipio. No lugar tamén se instalou unha placa para lembrar a adsehión a este campña na que se pode ler: “Unha árbore por Europa: Esta árbore simboliza ou noso compromiso pola loita contra ou cambio climático. “E tempo de actuar”, Xuño 2021. “
Esta campaña é un manifesto que nace por iniciativa de Equipo Europa por mor dunha proposta de David Sassoli, presidente do Parlamento Europeo. Nel todos os concellos partícipes asumen o compromiso de plantar unha árbore no seu municipio, de visibilizar a importancia do desenvolvemento sustentable no ámbito local, así como de involucrar aos mozos nos procesos de toma de decisións en materia de sustentabilidade local. No entanto, esta non é a única plantación prevista nestes días, posto que o sábado, ás 16:30h, levouse a cabo a plantación de numerosos exemplares. Unha actividade baixo a lema “Sementando vida, deixando pegada”que organizou a Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Baiona e o Baíña Futbol Sala na que participaron representantes do Concello, do Centro Social e Cultural de Baíña, do grupo Ardelume, do AMPA de Fontes-Baíña, cuxo punto de encontro foi no Colexio de Fontes-Baíña, e a Virxe da Roca, punto de encontro para o Baíña Futbol Sala e do AMPA de Cova Terreña, con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente que se celebrou precisamente este sábado día 5 de xuño.
“Hai que resaltar que a campaña “Unha árbore por Europa” ten varios obxectivos como son aumentar a conciencia social acerca da sustentabilidade no ámbito local e fomentar a colaboración entre as autoridades locais e a sociedade civil, e en especial a mocidade, á hora de promover o desenvolvemento sustentable.”, sinala a concelleira de medio ambiente.
Tamén pretende recoñecer o papel fundamental da mocidade na consecución da sustentabilidade local, xaq oue o seu interese no desenvolvemento sustentable, a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e a conservación ecolóxica fíxose patente no último ano.
“Trátase dunha campaña do equipo ‘Europa’ dentro da Axenda 2030, no que todos os concellos europeos comprometéronse a plantar unha árbore dentro do compromiso que temos para cumprir os obxectivos de sustentabilidade”, expresou o alcalde, quen recalcou que “o Concello de Baiona está moi comprometido desde hai tempo”. “Ademais, queremos concienciar aos mozos da importancia de preservar o medio ambiente, porque tristemente pasamos varias xeracións sen darlle importancia a iso”, incidiu.
Así mesmo, Carlos Gómez resaltou tamén “o bo funcionamento da campaña de concienciación ambiental que se desenvolveu durante esta semana nos distintos centros educativos do municipio. Unhas charlas divulgativas dirixidas a promover entre o alumnado a importancia da reciclaxe de residuos para o coidado do medio ambiente e a coñecer o funcionamento do punto limpo municipal. A iniciativa tivo unha gran acollida tanto entre o alumnado como entre a comunidade educativa, conclúe.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal