O Concello de Baiona, a través dos Servizos Sociais Comunitarios, e AFAGA, Asociación de Familiares de Alzhéimer o outras demenias de Galicia, organzan o progrma psicoeducativo para coidadores e familiares de persoas dependentes “Coidándome”. O programa comeza o vindeiro venres, 2 de decembro. Terá un total de 12 sesións e celebrarase os venres de 10:30 a 12:30 horas no Multiusos Ángel Bedriñana, rúa Carabela A Pinta 9.
Todavía quedan prazas disponibles polo que aquelas persoas interesadas en participar poderán recoller os impresos da súa solicitude no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Deberán rexistrar dita solicitude por rexistro de entrada do Concello de Baiona, horario de atención ao público, de 9 a 14 horas. Máis información chamando ao teléfono 986 38 59 26.
Este progrma forma parte das accións desenvoltas dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Baiona no maco do convenio asinado con AFAGA. Vai dirixido a aquelas persoas que teñan familiares dependentes.
O progrma “Coidándome” busca ofrecer unha atención integrl aos coidadores familiares para previr ou minimizar as consecuencias que ten na súa propia sañud as atencións continuadas a un familiar maior con dependencia. Empregando unha metodoloxía grupal informarase e formarase aos participantes, apoiándoos emocionalmente e promocionando momentos de descanso activo en relación social con outras persoas na mesma situación.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.ga