Doce meses para promocionar Baiona a través das pinturas do veciño Jorge Trigo Somoza. As paisaxes e veciñanzas baioneses retratados a través do pincel deste veciño baionés que promocionou a Vila que o viu nacer por numerosas galerías nacionais e internacionais chegarán aos fogares baioneses para dar a benvida ao novo ano 2024.
Os cadros pintados por este veciño mostran e poñen o valor a riqueza da Real Villa. Jorge Trigo Somoza lévanos coa súa mirada a través das súas pinturas para percorrer os belos recunchos de Baiona e a súa xente do mar: centra a súa obra en paisaxes do mar facendo homenaxe aos mariñeiros, reflectindo o seu parte humana nos rostros e nas mans, e sen deixar de lado as paisaxes potenciando luces, sombras e reflexos.
O autor comezou a pintar desde moi neno plasmando nos seus lenzos mariscadores, percebeiros, recolectores de algas e, sobre todo, mariñeiros nos barcos de pesca, transmitindo sempre nas súas pinturas o sentimento e a humildade da realidade galega e baionesa, os gaiteiros e mariñeiros son clave da súa identidade, e neles describe moi ben o son a través das cores así como o duro esforzo do traballo no mar.
O artista expuxo en numerosas ocasións por todo o territorio nacional e internacional pero aínda non lle brindarían a posibilidade de expoñer na súa vila natal. O rexedor en canto tivo coñecemento diso buscou a maneira para que a obra de Trigo sexa coñecida en Baiona.
Jorge Trigo Somoza conta con exposicións tanto individuais como colectivas a nivel nacional(Madrid, A Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo, Marbella, Melilla Vitoria) e internacional como O Porto(Portugal), París (Francia), Nova York (Estados Unidos), Londres (Reino Unido) e Fontvieille (Mónaco).
No acto de presentación oficial do Calendario do Concello de Baiona 2024 o autor quixo facer entrega ao Concello do cadro da súa autoría que forma parte da portada do calendario titulado “Aquí, na Real Vila de Baiona”. Trátase dunha obra cunha medida de 1,55x 1,20 cuxa técnica é acrílico sobre tea teen aparécena representadas baixo o pincel de trigo varios elemntgos representativos de Baiona como son entre outras: a fortaleza de Monterreal, os arcos do Praia Ribeira, a Carabela Pinta. Tamén figuran representadas as distintas bandeiras dos pobos hermanados con Baiona…
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, agradece a Jorge Trigo Somoza, que cedese a imaxe das súas obras para ilustrar o calendario de 2024 e esta obra tan representativa do noso municipio. En opinión do rexedor, o calendario é unha xanela aberta a Baiona. Vázquez Almuiña destacou o traballo de Jorge Trigo Somoza a quen cualificou como “home tenaz, traballador, afable, amante do seu pobo e das súas tradicións que sempre achegou o seu granito de area para facer máis grande o nome de Baiona”.
O rexedor baionés espera que a todos e todas lles guste a temática escollida para o ano 2024, como son as marabillosas pinturas da nosa vila e as súas xentes, así como o recoñecemento ao traballo do noso querido veciño Jorge Trigo”. O alcalde, agradeceu que “o artista quixese compartir cos baioneses parte da súa obra”. Así mesmo, quixo tamén agradecer a “xenerosidade” ao artista e a “dedicación” coa que “leva traballando” para facer realidade esta cesión e este calendario, que os baioneses poderán gozar nas súas casas”.
Jorge Trigo Somoza, explicou que leva “toda unha vida pintando e que para el segue sendo un “orgullo ser baionés”, por iso é polo que a maioría das súas obras “evoquen paisaxes e veciñanzas da localidade e fose o seu desexo, durante todo este tempo, que parte da súa obra quede na súa vila natal”.
Repartición do novo calendario para o ano 2024 entre a veciñanza:
O Concello de Baiona comezará a finais de mes a repartición do novo calendario para o ano 2024 entre todos os veciños e veciñas do municipio. Para isto cóntase cunha cantidade de 5.000 exemplares dos cales se reservarán unha parte para que calquera veciño poida recollelo nas dependencias municipais, concretamente na alcaldía, no caso de que non o recibira na súa vivenda.
“O novo equipo de goberno municipal recupera unha tradición en Baiona: a da repartición do calendario con motivos da Real Villa, un calendario que é moi ben recibido por toda a veciñanza, co que o equipo de goberno pretende que todos poidan presumir e sentir orgullo da nosa terra, das nosas paisaxes e da xente de Baiona, algo que se deixou de facer nos últimos anos”, destaca o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.
Presentación Oficial do Calendario do Concello de Baiona 2024:
O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu a presentación do Calendario do Concello de Baiona 2024. Nela participaron, o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, o propio Jorge Trigo Somoza, Rodrigo González, delegado de Gestagua en Galicia, e Ramón Abal delegado de Gestagua en Baiona.
“Desde GESTAGUA estamos encantados de continuar colaborando co Concello de Baiona, neste caso coa elaboración e promoción destes orixinais e valiosos calendarios grazas ás pinturas do artista local Jorge Trigo. Reafirmos así a nosa proximidade e compromiso con toda a cidadanía, que como nos lembra o propio calendario é de 24 horas os 7 días da semana durante os 365 días do ano”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal