O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, fixeron entrega dun libro en recoñecemento a cada un dos lectores e lectoras máis activos no ano 2023, nas súas distintas categorías. Un acto que se desenvolveu coincidindo co Día das Bibliotecas celebrado onte 24 de outubro.
Na categoría adulto, Manuel Quintans (89 préstamos )e Eva Carneiro (65 préstamos) son o veciño e a veciña que máis libros leron ao longo deste ano. Leo Cabral (122 préstamos) e Paz Barcia (65 préstamos) o son na categoría de infantil.
Desde o pasado 24 de outubro do 2022 ata o 24 de outubro do presente ano, a biblioteca de Baiona tivo un total de 10.511 préstamos aos seus usuari@s.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, sinala as distintas iniciativas que desde a Concellería de Cultura a través da Biblioteca Municipal, levan a cabo co obxectivo de fomentar os hábitos de lectura dirixida a todas as idades. E proba diso, sinalou, a entrega destes recoñecementos aos “grandes lectores de Baiona”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal