Case 40 clases de cervexa ao alcance de calquera que se achegue ao Parque da Palma entre o vindeiro xoves, 24 de xuño, e o domingo, 27. Tal é a promesa de a I Feria da Cervexa Artesana de Baiona “ A Pinta”, organizada polo Concello de Baiona, a través da Concellaría de Cultura, e a Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.
Unha celebración da cervexa de autor que, na súa primeira edición, converterá á localidade en punto de encontro entre afeccionados e produtores. Artesáns chegados sobre todo da provincia de Pontevedra e desde diferentes partes de Galicia e algún invitado de fóra terán instaladas estes días as súas casetas na Palma.
A feira é de acceso gratuíto na que tamén se ubicarán distintos foodtrucks que ofrezan ao público variadas opcións culinarias.
A Concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, sinala que se trata dun evento seguro xa que se disporá dun protocolo anti covid con todas as medidas de seguridade: control da temperatura na entrada do recinto, xel desinfectante, entradas e saídas separadas, distancia entre mesas e desinfección das mesmas , aforamento limitado, etc”.
“Desde o Concello de Baiona queremos por o foco en reforzar o carácter familiar da celebración. Por esta razón, esta I edición contará cunha variedade de xogos infantís dedicados a entreter aos máis pequenos e pequenas da casa. Ademais, cada xornada estará amenizada por DJ’s do ámbito local. Haberá foodtrucks, catas, charlas, talleres, sesionés “BEER-MÚ” e moita diversión con seguridade” , destaca o Alcalde, Carlos Gómez Prado.
O xoves pola tarde ás 18:00h darase o pistoletazo de saída ao festival e o evento alargarase até o domingo 27 e está prevista en horario de 12.00 a 00.00 horas. Sen dúbida, a calidade das cervexas artesás será un dos principáis alicientes para atraer ao público.
“A organización deste tipo de eventos é un alicerce básico para o desenvolvemento e a desestacionalización de Baiona. O que se pretende é romper co encasillamiento das actividades e empezar a diversificar a oferta con actividades distintas que dinamicen e desestacionalicen os 12 meses dos anos. Outra das metas é conseguir atraer público ao noso comercio e hostalaría local ”, finaliza o rexedor.
En canto ás firmas de cervexa artesá que estarán presentes no festival figuran: Cervexa TRIK-ALE de Nigrán; Cervexa Silvestres de Pontevedra; Cervexa Irmaos dá Lei, de Cangas do Morrazo; The One, Sanxenxo; Atlántica de Vigo; Castrexa, do Bierzo; Go, de Madrid.
“Todas as marcas terán prezos máis baratos que o habitual e haberá para todos os gustos: cervexa rubial tradicional, suaves ou de máis gradación”, explica Esteban Barreiro, portavoz da asociación, quen sinala que o obxectivo é “promocionar o consumo deste produto artesán nuns momentos moi difíciles para o sector debido á crise sanitaria do COVID-19, polo que máis que nunca necesitamos o apoio dos nosos consumidores habituais. Tamén o que se pretende é dar a coñecer un produto elaborado de forma artesanal e profundar en la cultura de esta bebida”.
La celebración coincidirá co desenvolvemento do I Festival de Maxia “Baiona Pinta Maxia”, que se celebrará o sábado 26 e o domingo 27 de xuño. Este evento, congregará a artistas de recoñecido prestixio dentro do ilusionismo, como Camilo Vázquez, Roberto Lolo, Meigo Rafa ou Dani Polo.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal