O Concello de Baiona inicia a análise do Casco histórico da Vila para adherirse á Área Rexurbe cun obxectivo ben claro: Definir o futuro do casco antigo de Baiona, declarado Conxunto de Interese Histórico-Artístico pola Dirección Xeral do Patrimonio en 1993, e así garantir as distintas axudas para a rehabilitación de vivendas e baixos comerciais.
A área Rexurbe é unha figura prevista na Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, para impulsar a revitalización integral das zonas ou ámbitos con edificacións máis degradadas ou en declive socioeconómico.
A esta iniciativa súmase o que xa é un feito: a aposta do Goberno de España que achegará de 2 millóns de euros do Ministerio de Industria para o desenvolvemento do Plan de Sustentabilidade Turística do Concello de Baiona. Un proxecto que perimitirá entre outros cousas, prolongar a actividade económica do casco antigo ata na contorna da Capela de Santa Liberata e que conleva consigo a mellora da acesibilidade e da mobilidade entre a zona antiga da vila e a nova.
A decisión do Concello de Baiona por apostar pola Área Rexurbe, ademais de promover a rehabilitación de edificios, tamén busca que leven a cabo iniciativas de dinamización social, demográfica e económica. O alcalde do municipio, Carlos Gómez Prado, destaca que “é un compromiso electoral do noso partido e unha cuestión na que estamos a traballar. O que buscamos é ordenar o noso patrimonio histórico e axudar a través do financiamento a activación do mesmo”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal