O Concello de Baiona acolle o martes 14 de xuño a unha charla charla explicativa sobre o correcto uso dos parques biosaudables, dirixida a toda aquela persoa interesada en practicar exercicio ben. Esta terá lugar ás 11:00 horas na instalación ao carón do Campo de Fútbo do Aral, enfrente do Centro de Saúde, e a seguinte será o 21 de Xuño ás 11:00 no mesmo lugar.
O Concello de Baiona, xunto ao de Nigrán e Gondomar, participa nun proxecto pioneiro de fomento do uso correcto dos parques biosaudables, idea que foi desenvolvida desde a Unidade de Fiosioterapia de Atención Primaria do Centro de Saúde do Val Miñor. O obxectivo é mellorar o nivel de saúde da comunidade, fomentando o exercicio físico de forma segura.
A continuación, pódense descargar os folletos explicativos:
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal