O campo de O Aral-Fontiñas de Baiona acolleu onte martes 15 de agosto a cuarenta e tres edición do Trofeo Vila de Baiona de Fútbol. Ás 18:00h os séniors do Erizana e o Matamá disputaron un partido no que o Erizana CF proclamouse campeón tras derrotar na tanda de penaltis ao Matamá CF (2-2)(3-1).
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e a Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, fixeron entrega do trofeo ao clube baionés vencedor do 43 Torneo Vila de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal