O Concello de Baiona a través da concellería de Deportes deseñou unha axenda ampla deportiva para este verán 2022.
O pasado mes de xullo deuse o pistoletazo de saída á axenda deportiva cun programa con citas ineludibles como a foron: a Travesía a nado, a XIII Subida Cicloturista dá Groba, o VII Tríatlon Popular -Semi Indoor- Vila de Baiona ou o XXI Torneo de Volei Praia.
Un menú deportivo completo do que gozar do deporte e dos seus múltiples beneficios rodeados do mellor das contornas, o municipio de Baiona, que este mes de agosto traen ao calendario baionés probas de renome na localidade.
En concreto, o vindeiro venres, día 05 de agosto, o porto pesqueiro acollerá a partir das 17:00h a tradicional “Regata de Gamelas”. O domingo 21 de agosto, celebrarase a carreira pedestre popular “Andar e Correr”, un evento imprescindible que se consolidou no calendario de carreiras populares da vila. Unha carreira que terá como epicentro de saída das distintas categorías o parque de “ A Palma” e que no seu percorrido máis longo transcorre polo Camiño Portugués pola Costa nun percorrido de 10 quilómetros, onde os atletas pasarán por monumentos emblemáticos como o cruceiro da Santísima Trindade, Santa Liberata, subida de San Antón, Baredo e regresar polo Rompeolas ao embleático paruqe baionés.
Tamén volven os clásicos torneos de verán ao Parque da Palma. Así o 12 e 13 de agosto disputarase o XXV Torneo Basket 3×3 durante todo o día, unha oportunidade para poder gozar do bo basket. O venres, 19 de agosto, o porto pesqueiro acollerá o XVIII Torneo de Pesca Infantil a partir 17:00h. A final de mes, o sábado 27 de agosto, a praia Ribeira acollerá partir das 10:002h o troneo de pas praia.
Tanto o Alcalde, Carlos Gómez Prado, como a Concelleira de Deportes, Miriam Costas Iriarte, mostran o seu agradecido ás moitas entidades privadas e publicas que colaboran cos distintos eventos xa que grazas ás súas importantes colaboracións é posible a organización os mesmos. E como non podía ser doutra maneira, aos técnicos municipais que fan posible toda a programación.
“O obxectivo deste axenda é recuperar a volta á “normalidade”. O deporte é un piar básico para o desenvolvemento e a desestacionalización de Baiona. O que se pretende coa organización destes eventos como os que hoxe presentamos é romper, sempre desde un punto de vista seguro, con estes meses de reclusión que padecemos e empezar a diversificar a oferta cultural con actividades distintas que dinamicen e desestacionalicen os 12 meses do ano”, expón o rexedor Gómez Prado.
Os eventos están pensados para gozar da nosa contorna e o gran potencial que ofrece os distintos emprazamentos da vila, idóneos para a práctica deportiva e supoñendo unha posta en valor dos distintos espazos da vila.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal