A Concellería de Deportes do Concello de Baiona atópase inmersa nos últimos preparativos de organización da IX Trail Trans Serra da Groba, que se celebra o vindeiro sábado 5 de novembro de 2022. As inscricións para a proba estarán abertas ata o vindeiro luns, 31 de outubro.
Existirán dous tipos de proba: o Trail, de 29 Km, e o Trailiño, de 17 km, cun itinerario que percorre os montes da “Serra da Groba”, utilizando pistas forestais, carreiros tradiconales e tramos de asfalto á saída e á chegada a meta.
A proba de Trail está aberta a todas as persoas deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba). No caso da proba Trailiño poderán participar as persoas deportistas que teñan cumpridos 16 anos o día da proba, a condición de que conten coa autorización dos seus pais ou titores.
As inscricións poderanse formalizar a través da páxina web www.championchipnorte.com e na páxina web www.baionacodeporte.gal.
ENTREGA DE DORSAIS
A entrega de dorsais de realizará no Pavillón Municipal de Deportes situado en cálea Dores Agrelo, s/n, onde estará situada a saída e a meta das probas, desde as 17:00 ata as 21:00 horas do venres 4 de Novembro, sábado día 5 de outubro (día da carreira) desde as 7:00 ata as 10:00h da mañá.
SAÍDAS
O Trail arrincará ás 08:30 da mañá, mentres que o Trailiño farao ás 09:30horas, ambas as probas con saída desde o Pavillón de Deportes de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal