Alumnado, profesorado e pais e nais do do CEIP Fontes-Baíña,do EEI Agro-Baredo e o grupo de integración Ardelume realizaron un pasacalles que culminou na Praza do Concello de Baiona. Unha vez nela, o grupo de integración Ardelume, engagado de por música a esta actividade, interpretou algunhas pezas na praza e os pequenos e pequenas estudantes realizaron un desfile. O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, estivo a saudar ao entusiasmado alumnado e ás súas familias. Grazas á súa visita, o edificio consistorial e o casco vello de Baiona encheuse da cor e a alegría desta festa que é o entroido.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinala que “ a actividade xurdiu desde o concello e este desfile dos nosos pequenos e pequenas foi moi especial, unha cita que todos estabamos a esperar“. Asimismo, agradece o “entusiasmo e implicación dos profesores e profesoras, de Ardelume, e por suposto, de todo o alumnado e as familias que nos sorprenderon coas súas orixinais ideas”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal