O Programa de conciliación Nadal 2022 comezou está mañá con 46 participantes. Organizado pola Concellería de Igualdade celebrarase ata o 5 de xaneiro no CPI Cova Terreña. O programa desenvolvese de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas e concíbese coma un espazo educativo de promoción do ocio e o tempo de lecer, constituíndose nun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións escolares do Nadal, no que se traballarán os valores de igualdade, solidariedade e convivencia dende unha perspectiva de xénero .
Yasmina Moreira Costas, responsable da área de igualdade, sinala que “este ano a demanda do servizo sufriu un incremento notable dun 77% respecto ao ano pasado. Nun primeiro momento ofertamos 36 prazas, que foron insuficientes para dar resposta ás necesidades das familias, polo que tivemos que ampliar a 46 fronte as 26 que se ocuparon na edición de Nadal de 2021”.
Das familias que demandaron o servicio, o 58,06% reside na parroquia de Baiona, o 22,58% en Baíña, o 9,68 % en Baredo, o 6,45% en Sabarís e o 3,23% reside en municipios da comarca, pero teñen os fillos e fillas escolarizados nun centro educativo en Baiona.
Si consideramos a idade dos e das menores participantes, a franxa mais demandada é a de entre 3 e 5 anos que supón un 43,48% fronte ao 34,78% de menores que teñan entre 6 e 8 años e a franxa con menos demanda é a de entre 9 e 11 anos de idade que supón un 21,74% .
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal