A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Baiona informa da apertura do prazo, do vindeiro luns 7 de xuño ao 21 de xuño (ambos os incluídos), para solicitar autorización para os particulares que queiran realizar fogueiras o día de San Juan.
As persoas interesadas terán que realizar as solicitudes a través do rexistro xeral de entrada do Concello de Baiona en horario de 09:00h-13:00h para o que é necesario solicitar cita previa no teléfono 986356779. Tamén se poderá realizar a solicitude a través da sede electrónica da páxina web municipal www.baiona.gal
Na folla de solicitude deben indicar unha serie de datos persoais, como nome da persoa solicitante, DNI, teléfono…así como indicar a localización na que se realizará a fogueira.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal