Maña mércores, 22 de setembro, celebrarase o día de ¡A Cidade Sen Coches!, orixe da iniciativa europea a Semana Europea da Mobilidade, que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades. O Concello de Baiona, a través da Concellaría de Mobilidade, levará a cabo unha marcha con bicicletas utilizando o carril bici con saída ás 17:00h desde o Parador até a rontonda “ A Foz do Miñor” en Sabarís, co fin de dar valor e concienciar tanto das medidas provocadas polas emisións CO2, que se poden minimizar como o activar a saúde e contribuír a un ambiente sustentable.
Os requisitos para participar na marcha son ter bicicleta e casco propios e ser maior de sete anos (os menores desta idade poderán participar si van na bicicleta dun adulto). As persoas interesadas en participar poderán facer a inscrición previa o propio mércores desde a 16:00h no punto de saída.
Con iniciativas como esta contribúese a sensibilizar á poboación e fomentar hábitos saudables, avanzando cara a unha situación de mobilidade sustentable, abordando un conxunto de propostas de actuación encamiñadas a promover a intermodalidad ao redor de formas de transporte con menor consumo de enerxía e unha diminución do uso do vehículo privado.
A Concelleira de Mobilidade, Conchy Vara, e o Alcalde, Carlos Gómez convidan á cidadanía “a participar en todas as actividades e a deixar por un día o coche e sumarse a este proxecto que ten como fin a concienciación.
Gómez, destacou que “nesta nova edición da Semana Europea da Mobilidade volve cobrar moita importancia, organizar eventos e iniciativas encamiñadas a fomentar unha vida máis saudable, en consonancia con todos os proxectos e iniciativas do Concellos. Continua expondo que “o obxectivo con estas iniciativas é cambiar hábitos de mobilidade para conseguir que Baiona sexa unha cidade máis sustentable, máis accesible e con menos emisións”.
A vila adheriuse a esta iniciativa no ano 2019 tras presentar a súa candidatura e xa foi incluída nos Premios EMW Awards na categoría de Concellos de menos de 50.000 habitantes.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal