O Clúster Turismo de Galicia celebrou unha mesas de traballo en Baiona, concretamente, no Multiusos Mercado de Sabarís, para elaborar un diagnóstico do sector, coñecendo de primeira man as súas necesidades e demandas do sector na Vila. A información recompilada servirá para elaborar un informe que servirá de base para deseñar a planificación turística de Galicia dos próximos anos.
A iniciativa, froito da colaboración entre a Agrupación industrial e a Axencia de Turismo, busca a máxima participación de todos os axentes do ecosistema turístico. Por eso, en paralelo á convocatoria das mesas de traballo, lanzouse un cuestionario online para dar cabida a todos os profesionais deste ámbito que queiran participar.
O obxectivo é “recoller información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos do noso sector para coñecer de primeira man a que enfróntase o noso turismo xunto co das diferentes zonas da comunidade”, sinala o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.
A Concellería de Turismo de Baiona participou activamente nesta mesa de traballo encabezada pola Concelleira, Sheila González Martíns, xunto con distintos axentes públicos e privados do sector de Baiona. Alí expuxeron as necesidades e retos para os próximos anos do turismo baionés. Tamén ha participo na mesa o Concelleiro de Mar e de Actividades Marítimas, Joaquín López Goce.
Ademais, en colaboración coas tres universidades galegas, elaborarase un informe científico sobre a oferta, a demanda e a cadea de valor do sector turístico en Galicia, analizando pormenorizadamente os recursos que constitúen parte da súa oferta diferencial.
Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo buscan con este estudo coñecer a foto actual do sector nun momento marcado polos cambios nos hábitos dos turistas, con tendencias marcadas pola sustentabilidade e a dixitalización, e o Concello de Baiona estará representado con toda a información e a achega do sector turístico baionés participante nesta interesante mesa de traballo celebrada na Vila.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal