O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a concelleira de Deportes, Miriam Costas, trasladan a súa felicitación a Manuel Loureiro Giráldez, despois da súa proclamación como campión do Open de España de Enduro en categoría junior na proba que se disputou o domingo 3 de outubro en Moaña, o “Endurrazo”.
O mozo baionés Manuel Loureiro Giráldez, aos seus 18 anos, deportista veciño da parroquia de Baredo, impúxose en dúas do tres carreiras do campionato e colocouse no primeiro puestou. Conseguiu a vitoria despois de gañar en La Adrada (Ávila) yen Moaña este fin de semana.
“É un orgullo para Baiona, sobrepóndose a un ano moi duro de pandemia no que os adestramentos se resentiron, logre proclamarse campión de España”, declarou o alcalde, Gómez Prado, destacando que “estamos convencidos de que Manuel chegará aínda máis lonxe”, sinalou o rexedor “porque demostrou con fartura que os límites non existen e que os obstáculos se poden superar con tesón, ilusión e deportividade”.
Precisamente, este pasado sábado 2 de outubro, Manuel Loureiro Giráldez, foi un dos homenaxeados no Acto de Recoñecemento ao Mérito Deportivo 2020/2021 “Baiona co Deporte” que a Concellaría de Deportes do Concello de Baiona organizou para render tributo aos deportistas locais, “en os anos máis duros para o deporte”,en palabras do alcalde, Carlos Gómez Prado. Un evento no que se recoñeceu os logros cultivados en 2020 e 2021 polos atletas locais como “un auténtico exemplo de superación e orgullo para o resto dos baioneses e baionesas”. A súa nai Cristina foi a encargada de recoller o galardón xa que Manu estaba a competir na proba na que conseguiu alzarse co primeiro premio e coroar o pódium.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal