O Concello de Baiona alumearase estes días de verde para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental que se celebra o vindeiro 10 de outubro. Súmase así á campaña que está a levar a cabo a Asociación Avelaíña ao longo de todo este mes co obxectivo de sensibilizar e informar á poboación sobre as enfermidades mentais. Para chamar a atención sobre esta realidade, este venres 8 instalouse unha mesa informativa na bifurcación das rúas Elduayen con Carabela Pinta de 10.30 h a 13.30 horas a través da que a veciñanza puido coñecer máis sobre a saúde mental e o traballo que realiza a asociación no Val Miñor.
Desde hoxe o balcón do consistorio loce unha pancarta de apoio para sensibilizar e visibiliar a Sáude Mental.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Servicios Sociais, Conchy Vara, acercáronse ata a mesa informativa para mostrar o seu apoio e coñecer de primeria man a información e a situación tanto da propia entidade, coma dos veciños e veciñas que precisan da atención.
O 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde, conmemoración que pretende sensibilizar e informar sobre a importancia do coidado da saúde mental e a defensa dos dereitos das persoas que teñen algún problema desta índole. Este ano, o tema elixido a nivel mundial é a saúde mental nun mundo desigual, chamando a atención sobre aqueles factores que impiden que o coidado da saúde mental poida chegar a todas as persoas en igualdade de condicións.
Destacar que o Alcalde e mais a Concelleira, “teñen un profundo coñecemento das trabas coas que se encontran estas persoas a hora de acudir os profesionais correspondentes, xa que o recurso para a vila encontráse no Centro de Saude do Val Miñor, con un equipo escaso de persoal, sendo as citas programadas como mínimo con dous ou tres meses. Creando así un detrimento na atención de estas persoas, ainda que grazas a asociacións como Avelaiña pódese paliar os casos máis leves dos cales manteñen unha relación de traballo conxunta con bo resultado, pero non suficiente”.
A Asociación Avelaíña é unha entidade sen ánimo de lucro que naceu no ano 1997 no Baixo Miño para potenciar a inclusión das persoas con problemas de saúde mental mediante a promoción da súa calidade de vida e a dos seus familiares. Declarada Entidade de Utilidade Pública en 2010, tras 24 anos de andadura, na actualidade a asociación conta con máis de 18 profesionais e 40 persoas socias con enfermidade mental, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal