A concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Baiona fai unha consulta á toda a veciñanza ao respecto do despregamento da fibra óptica en todo o seu territorio.
“Somos coñecedores de que en varias zonas do territorio baionés non existe a posibilidade dunha conexión fixa a través de fibra óptica, son varios os axentes a intervir nesta problemática. A intención deste chamamento é acadar o maior número de zonas sen servizo para remitirllas aos entes pertinentes e resolver a problemática que padecen veciñas e veciños e tamén negocios de Baiona”, sinala a Concelleira de Novas Tecnoloxías, Yasmina Moreira Costas.
A Concellería de Novas tecnoloxías ten tido conversas con diferentes operadoras para solicitar o despregamento. Nalgunhas zonas conseguiuse solventar o problema ou dar resposta á veciñanza en canto a prazos de execución por parte das operadoras.
Moreira Costas ve preciso, para garantir a igualdade de oportunidades aos veciños e veciñas, polo dende a concellería propónse realizar un estudo integral sobre a cobertura da rede de fibra óptica nas distintas zonas do municipio de Baiona, determinando as necesidades dos diferentes núcleos de poboación e que o Concello de Baiona, en base aos datos obtidos, levaránse novamente a cabo todas as medidas e xestións posibles para esixir, incentivar e fomentar que as compañías distribuidoras de fibra, faciliten o acceso á fibra óptica ao maior número posible de veciños e veciñas do noso municipio.
A concelleira sinala que cos datos obtidos deste estudo o goberno local transmitirallos á Xefatura Provincial de Inspeción de Telecomunicacións as zonas sen cobertura para que leven a cabo xestiónelas pertinentes. Para isto, a concellería informan de que todos aqueles veciños y veciñas que desexen por en coñecemento do desdespregamento da fibra óptica na zona na que residen poden enviar a información ao seguiente correo electrónico: concelleria.novastecnoloxias@baiona.gal
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal