A facha do Concello de Baiona iluminouse de cor laranxa e verde con motivo do Día Nacional da Fibrose Quística.
A fibrose quística é unha enfermidade crónica e hereditaria dexenerativa que afecta principalmente os pulmóns e ao sistema dixestivo. Coa iluminación da fachada, a pedimento da Asociación Galega de Fibrose Quística, preténdese dar visibilidade a esta enfermidade e conseguir unha verdadeira sensibilidade social.
Cabe lembrar que esta iniciativa, do mesmo xeito que outras similares, enmárcase no compromiso que mantén o Concello de Baiona á hora de apoiar aos grupos de axuda mutua no seu labor de promoción da saúde das persoas afectadas por algunha enfermidade e as súas familias.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal