O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Cultura, Miriam Costas, foron os encargados de acender a iluminación do Nadal de Baiona xunto con representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA)
“Despois dun ano moi duro pola crise sanitaria do COVID-19 desde este Concello seguimos apostando pola maxia do Nadal e por iso este equipo de goberno anima aos baioneses e baionesas a gozar da maxia destas datas e da iluminación do Nadal que contribuirán a dinamizar a economía local, sempre de forma responsable e cumprindo coas restricións para conter o virus.” comezou o Alcalde de Baiona a súa intervención.
Ademais das tradicionais luces e cadenetas que iluminarán as rúas e os espazos públicos, o Concello de Baiona decorou con motivos do Nadal tanto a carpa da p laza do concello como o e scenario que albergará as actuacións da programación cultural “Bai Nadal 2020/2021” xunto co Auditorio V Centenario e a Alameda Carabela Pinta.
Entre os elementos a destacar está a gran bóla 3D de luz da Alameda Carabela Pinta, que gustou a grandes e pequenos. A bóla vermella non defraudou e poder entrar nela foi a gran atracción deste venres a pesar do mal tempo.
Este ano, introdúcese unha novidade na iluminación das glorietas do municipio: unhas figuras de neón con forma de cervo.
Desde onte o tendido do Nadal xa loce acendido en todas as parroquias da localidade. Un total de 40 puntos de tecnoloxía led pon cor a Baíña, Baredo, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa.
Operarios do concello foron os encargados de colocar a iluminación nas parroquias. Mentres que as arcadas de luces colocadas na estrada de acceso á vila a PO-552 foron colocadas por unha empresa.
“Temos que conxugar a celebración do Nadal e a actividade económica coa saúde e o benestar dos baioneses e baionesas. Vai ser un Nadal diferente e complicado para moitos veciños e vecinas e temos que ser sensibles a todos os sectores da vila.Ás familias que están a pasar por un momento tremendamente difícil, pero tamén aos hostaleiros e comercios de Baiona” finalizou o Alcalde.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal