Baiona acolleu o pasado sábado 17 de abril o III Campionato Open de Pesca Submarina Vila de Baiona. Un evento organizado polo Club subacuático Pérez-Sub, coa colaboración do Concello anfitrión, que reuniu a numerosos deportistas en augas de Cabo Silleiro.
En canto ao formato da proba, foi individual con saída desde terra e constou de varias categorías: Senior, Veteranos, Feminina e Sub23. Os tres primeiros de cada categoría recibiron trofeo. O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a Concelleira de Deportes, Miriam Costas, foron os encargados de entregar os premios aos participantes.
Así, no podio xeral o primeiro premio foi para Iván Costa García, club Nauga, o segundo para José Díaz Fiaño, club Nauga, e o terceiro para Miguel Ángel Costas Moreira, club Terra dous Mares. En canto ás categorías quedaron da seguinte maneira: Senior, primeiro, segundo e terceiro premio para: Iván Costa García, club Nauga, José Díaz Fiaño, club Nauga, e Óscar Ramos Torres, club Pérez-Sub; Veteranos: José Luis Peso Teodosio, club Pérez-Sub, Segundo Morante García-Patrón, club Pérez-Sub, e Federico Gil García, club FMDAS; A clasificación Sub23: Miguel Ángel Costas Moreira, club Terra dous Mares, Lucas Blanco Rouco, club Terra dous Mares. En canto á clasificación da categoría feminina contou cunha única participante Sandra Osorio Arca do club Terra dous Mares.
Tamén se entregou un distintivo á peza maior conseguida no campionato. O premio foi para José Luis Peso Teodosio, club Pérez-Sub, que pescou un abadexo de 4,600Kg.
O Campionato está incluído no Calendario Oficial da Federación Galega de Actividades Subacúaticas para a tempada 2021. Foi un Open aberto a deportistas FEGAS, fosen socios ou non do club, que quixeron compartir unha mañá de pesca submarina. Tivo unha duración de 5 horas e aplicouse o regulamento vixente para os campionatos galegos desta modalidade.
A edición foi todo un éxito xa que se contou entre os participantes con varios campións de España e campións galegos chegados de toda Galicia e varias comunidades autónomas. Os Quilos de peixes conseguidos durante a celebración desta terceira edición do campionato foron doados integramente á Fundación Casa Caridade Vigo-Hogar San José (Comedor Social), do mesmo xeito que aconteceu en edicións anteriores. Chegáronse a obter máis de 200kg de peixe.
En 2021 é o terceiro ano que se celebra o campionato de pesca submarina Vila de Baiona organizado polo Club subacuático Pérez-Sub, un dos máis antigos e numerosos de Galicia, coa colaboración do Concello de Baiona.
O consistorio baionés ten un gran compromiso co deporte, punto que se viu confirmado polos medios facilitados por este municipio para a celebración do evento.
O campionato adaptouse aos momentos que estamos a vivir polo que contou cun protocolo Covid aprobado pola Xunta e a Federación Galega de Actividades Subacuáticas, e se realizazon as debidas probas aos deportistas inscritos.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal