–A axenda cultural, as últimas obras da vila, os avisos urxentes e as actividades municipais son algunhas das novidades que se enviarán por mensaxe
–Para acceder á esta canle de whatsapp, só hai que agregar á axenda de contactos o número 620 914 843 e enviar unha mensaxe coa palabra ALTA
O Concello de Baiona pon en marcha un novo servizo de información municipal vía Whatsapp, ‘Baiona ao día’. Así, a veciñanza disporá dunha nova canle de comunicación que lle permitirá estar informada de todo o que ocorre na vila a través do seu móbil e de xeito instantáneo.
Con este novo servizo, os veciños e veciñas poderán coñecer as últimas novidades sobre a actividade municipal, axenda cultural, obras, avisos urxentes e outras noticias e informacións de interese.
“Con esta nova canle, damos un novo paso para axilizar, dinamizar e garantir unha correcta información aos veciños e veciñas”, explica o alcalde de Baiona, Carlos Gómez.
O servizo consiste nunha lista de difusión, non é un grupo no servizo de mensaxería, polo que os usuarios non terán acceso aos datos ou información do resto dos rexistrados na canle de WhatsApp.
Para acceder a esta canle de whatsapp do Concello de Baiona, só hai que agregar á axenda de contactos o número teléfono 620 914 843 e enviar unha mensaxe coa palabra ALTA.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal