O Concello de Baiona retomou este luns, 18 de setembro, as obras de humanización na Rúa Carabela Pinta.
Despois da tempada de verán retómanse as obras no tramo correspondente ao Canellón de Hortas Reais, restituirase o pavimento de lousa por pedra, dando continuidade á rúa Carabela Pinta. Prevese que os traballos teñan unha duración de contorna a catro semanas.
O tráfico rodado mantense, unicamente verase afectado o tránsito peonil da marxe esquerda da Rúa Carabela Pinta.
Desde o Concello de Baiona lembramos que a parte alta desta céntrica rúa baionesa é “de convivencia” onde os peóns teñen prioridade e os vehículos deben circular a unha velocidade moi reducida, de 10km/hora.
Desde o Concello de Baiona facemos un chamamento á colaboración da veciñanza para que os traballos desenvólvanse da mellor forma posible e pídense desculpas ás persoas afectadas polas molestias que poidan ocasionar os traballos aos veciños e veciñas do municipio.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal