A Concellería de Medio rural do Concello de Baiona organiza unha palestra para abordar as posibles solucións que temos como individuas e individuos e como comunidade ante a descomunal suba de prezos da enerxía.
O acto será o sábado 3 de decembro ás 19:00 horas no multiúsos Mercado de Sabarís e contaremos coa intervención de Xose Manuel Vilas, enxeñeiro e experto en temas enerxéticos, que fará unha exposición sobre comunidades enerxéticas, eficiencia e interpretación de facturas.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal