O vindeiro venres 24 de setembro, festivo local, o sábado 25 e o domingo 26 Baiona recupera a celebración da Romaría de San Cosme e San Damián. Esta edición, si cabe, é aínda máis especial, xa que o ano pasado a tradicional romaría baionesa viuse obrigada a suspenderse con motivo da crisis sanitaria derivada do COVID-19.
Os veciños e vecinas poderán participar na contorna de Santa Liberata nalgún dos cultos que se celebran en honra aos santos, gozar das actuacións musicais ou ben para participar no tradicional mercadillo de froitos do campo e produtos otoñales. Dous dos produtos estrela serán o mel e as noces da comarca.
Estos días oficiaranse actos relixiosos na honra dos santos e como obriga a tradición, algúns romeus ofrecerán os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polos favores recibidos.
Durante tres días a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces até froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas, artesanía, etc. O mercado se extendiende tamén por cálea Marqués de Quintanar até a Glorieta de Colón.
Ademais, o mercado vai ser amenizado coas actuacións de grupos folclóricos, pandeireteiras e pasacalles. A festa comenzará o venres, festivo local, ás 13:00 horas coa actuación de “Cé Orquestra Pantasma” e ás 18:00 horas levará a cabo uns pasacalles a cargo do grupo de gaitas “Os Trebellos” de Baíña en el recinto de Santa Liberata.
O sábado día 25 ás 13:30h a través de “Cultura no Camiño” farase unha homenaxe á tradición oral co espectáculo “Mulleres de Sal, Mulleres de Terra”. Ás 19:00h a Asociación Folclórica “Vila de Baiona” e a Asociación Cultural “A Seneira” ofrecerán unha actuación.
O domingo, día 26, ás 12:30h celebrarase a misa solemne en honra de San Cosme e San Damián na Igrexa de Santa María de Baiona. Ás 13:30h a través de Agadic xunto coa Federación Galega de Bandas Populares farase unha actuación dentro do programa “O país das bandas”, a Banda de Música “Belas Artes” de Cangas ofrecerá un concerto.
En canto aos actos relixiosos, o sábado, día 25 de setembro, as misas serán de tarde ás 18:00 e ás 20:00 h. O domingo, día 26 de setembro, haberá misas ao longo de todo o día: 08:00, 09:00, 10:30, 12:30 (misa solemne), 18:00 e 19:00.
Debido ao Covid-19, non se celebrará a procesión habitual previa á misa solemne; no seu lugar, haberá un acto de veneración das reliquias, que tampouco se darán á bicar para garantir as normas sanitarias.
Coa idea de respectar o aforamento establecido polas institucións sanitarias, o culto só se centralizará no templo parroquial, Igrexa de Santa María de Baiona, polo que non haberá celebracións na Capela de Santa Liberata. A Capela si permanecerá aberta ao público para todas aquelas persoas que a queiran visitar.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca que “O Goberno local profunda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio, con tres días de programación. Se aposta por a liña de recuperación e posta en valor do arraigamento desta tradicional festa. Trátase dunha celebración que suma legado e vangarda vinculada ao ámbito tradicional por iso desde o Concello de Baiona envorcámonos para que brille como se merece”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal