O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu un acto de recoñecemento á traxectoria do deportista baionés Antón Iglesias Leyenda “Kopa”.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, a Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, fixeron entrega dun agasallo institucional de parte da súa Vila.
O pasado 17 de xuño o baionés proclamábase campión de Europa na Copa de rexións UEFA coa selección galega dirixida por Iván Cancela.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destacou a carreira deportiva do baionés “ Grazas por levar ou nome de Baiona alá por onde vas. É un orgullo contar con deportisas deste nivel na nosa localidade” Almuíña tamén destacou o papel do deporte na sociedade baionesa, salientando o compromiso do Concello en apoiar aos deportistas, equipos e clubs locais”.
O deportista baionesa estivo arroupada no acto pola seu pai e a súa nai.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal