A Concelleira de Política Social do Concello de Baiona, Ana María Iglesias Rodríguez, estivo de visita na sede de Baiona da Asociación Avelaíña, situada na Rúa Alférez Barreiro, 22. A edila quixo coñecer de primeria man o seu traballo, as súas instalacións e disfrutou duns momentos coas persoas usuarias.A asociación está a realizar unha labor moi importante en Baiona e moi urxente na sociedade actual co aumento de casos que precisan de intervencións en saúde mental.
A asociación manteñen unha relación de traballo profesional co equipo de Saúde Mental situado no Centro de Saúde do Val Miñor.
A Asociación na súa sede en Baiona ofrece os servizos de Respiro Familiar, acompañamento integral, xestión e tramitación, atención domiciliaria, orientación e integración laboral, información e asesoramento, escola de familias, proxecto de promoción da autonomía persoal en enfermidade mental grave, Proxecto “Voz Natura”, a asociación conta cun Centro de Rehabilitación Psicosocial, con prazas concertadas co Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal