O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, fixo entrega da bicicleta a Francisco Javier Fernández Ferendez, gañador do sorteo por parte do Concello de Baiona realizado con motivo da celebración da XXXI edición da Festa da Bicicleta, sen dúbida, a súa edición máis especial xa que a tradicional cita deportiva do Val Miñor este ano adaptouse á época COVID.
Desde o Concello de Baiona, encargado de organizar esta edición, ideouse unha fórmula semi virtual para que os veciños e veciñas interesados pudiesen participar na proba.
En total, cento cincuenta acodes participaron nesta iniciativa, que levou a cabo coa intención de seguir fiel á tradición e continuar fomentando o uso de da bicicleta e esta práctica deportiva no Val Miñor.
Este ano organizouse unha festa virtual que se prolongó desde o 1 de maio até o 17 de maio, data tradicional na que viña celebrando a festa até o ano pasado que se viu obrigada á súa suspensión debido á crise sanitaria derivada do Covid-19 e ao estado de alarma vixente.
Desde el Concello de Baiona e o de Gondomar móstranse moi satisfactorios coa participación e o acollemento desta actividade posta en marcha por primeira vez como alternativa segura á tradicional celebración.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal