O Alcalde, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Medio Ambiente, Rosa María Domínguez Roda, acudiron xunto ao alumnado do C.P.I. Cova Terreña, a unha charla divulgativa sobre a importancia da reciclaxe de residuos para o coidado do medio ambiente.
O alumnado dos centros escolares de Baiona recibirán durante esta semana charlas dirixidas a promover a concienciación ambiental e a coñecer o funcionamento do punto limpo municipal.
O obxectivo destas charlas é concienciar e implicar aos máis pequenos na correcta separación dos residuos nos distintos colectores de reciclaxe. Ao longo da semana as charlas repartiranse nosc entros educativos da Vila. Mañá será a quenda do C.E.I.P. Sabarís. O xoves tocaralle ao alumnado de Fontes e o venres ao de Belesar.
Un técnico de FCC, a empresa encargada do punto limpo e a recollida de residuos selectivos no municipio, é o encargado de impartilas en colaboración coa concellaría de medio ambiente do Concello de Baiona.
A campaña de educación ambiental apoiada desde o Concello de Baiona persegue fomentar que o municipio continúe aumentando os seus cocientes de reciclaxe e diminuíndo a cantidade de residuos do colector da fracción resto que leva a valorizar energéticamente en SOGAMA, co aforro económico que isto supón.
Cos nenos, que son os cidadáns do futuro, realízanse actividades para que adquiran conceincia da importancia de separar correctamente os residuos. Explícaselles a estratexia do tres 3R: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR, e convídaselles a que poñan en práctica esta estratexia cos maiores do seu fogar. Por outra banda, achégase aos estudantes conceptos como a compostaxe ou os puntos limpos, como modelo dunha correcta xestión de residuos municipais, que irán cobrando máis importancia no futuro.
A iniciativa tivo unha gran acollida tanto entre o alumnado como entre a comunidade educativa.
O Concello de Baiona aumentou considerablemente a cantidade de residuos depositados. Cada vez recíclase máis no municipio e con residuos de mellor calidade xa que non se mesturan os residuos que son coñecidos como impropios, cos consecuentes beneficios sociais, ambientais e económicos que este aumento supón.
“O obxectivo desta iniciativa é a promoción da educación ambiental. Concienciar aos nenos e nenas do municipio, e grazas a eles ás familias, da importancia de separar os residuos correctamente e de como se debe usar o punto limpo municipal” , sinala o Alcalde, Carlos Gómez Prado.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal