A 44 Cup chega a Baiona de mans do Monte Real Club de iates recalando en Galicia por primeira vez, non podía ser doutra maneira que no prestixioso Club, unindo así outro evento deportivo de gran magnitude aos 52 súper series de 2022 ou a mundial clase J80 do pasado ano sen deixar atrás outras regatas anuais como o Conde de Gondomar ou o Príncipe de Asturias. Embarcacións de 13,45 metros(44 pés) cunha fabricación en fibra de carbono, o cal os fai ser moi rápidos pola súa lixeireza e gran superficie Vélica. Ao acto de presentación asistiu en representación municipal o Alcalde Jesús Vázquez Almuiña acompañado por Joaquín López concelleiro de actividades marítimas, o Alcalde destacou a importancia deste evento do deporte náutico que trae á nosa Vila a moitos dos mellores deportistas da vela mundial, desde regatistas da copa América pasando por medallistas olímpicos ou da volta ao mundo. O rexedor ofreceu como sempre a colaboración Municipal para estes grandes eventos que sitúan a Baiona nun lugar acollerdor que achega natureza, beleza e un compromiso coa sustentabilidade e a economía azul.