O Multiúsos Mercado de Sabarís acolle este domingo, 6 de novembro, ás 12:00h o contacontos “Tres irmáns, tres camiños e tres grandes perigos” de Paula Cabreira.
Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ata o recinto municipal pasarán unha mañá divertida. A entrada é gratuíta e libre ata completar aforo.
Esta actividade forma parte da programación “Novembro Lila” organizada pola Concellería de Igualdade, ao fronte de Yasmina Moreira Costas, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona.
A programación ao completo darase a coñecer mañá ás 19:00 no acto de presentación que terá lugar no Multisusos Mercado de Sabarís. Un acto que estará amenizado polas versións de pop, soul, jazz e funk de “Two in the Mirror”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal