O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e o Concelleiro de Emprego, Óscar Carreño Miniño, fixeron entrega dos diplomas acreditativos as persoas participantes no curso de “Carretilla Elavadora” ofertado de forma gratuíta polo Concello de Baiona.
A Concellería de Emprego do Concello de Baiona, consciente da necesidade de realizar un itinerario formativo teórico práctico dirixido a mellorar as posibilidades de inserción laboral no sector industrial e de comercio e en aqueles sectores relacionados coa loxística e os sistemas de produción, puxo en marcha esta actividade formativa cunha carga lectiva de 15 horas para a obtención da formación teórico para o manexo de carretillas elevadoras .
A actividade formativa contou con 15 prazas e nela participaron persoas desempregadas maiores de idade inscritas no servizo público de emprego do municipio de Baiona. O curso tivo unha duración de 3 días, un de formación teórica e dous de formación práctica. Ao fin do mesmo, as persoas participantes adquiron as competencias necesarias para acreditar o manexo da maquinaria, un dos perfís máis demandados na comarca.
Este curso gratuíto esta encadrado no plan formativo municipal que ten como obxectivo facilitar a inserción laboral e incrementar as oportunidades para acceder ao mercado laboral dos veciños e veciñas do municipio. Nos próximos meses poránse en marcha novas accións formativas.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal