O Concello de Baiona está realizando o asfaltado do Camiño dos Hermiles en Baredo.
O obxectivo da intervención é a mellora do camiño saneando os tramos que tiñan a superficie danada e aplicando unha capa nova de asfalto a todo o percorrido do mesmo. Así mesmo realizouse o rozado mecánico de cunetas e noiros por ambas as marxes do camiño. Unha vez finalizados os traballos de pavimentación pintarase os bordos de calzada con marca viaria para facilitar o transito.
O Concelleiro de Urbanismo e Vías e Obras sinala que “trátase dunha actuación necesaria xa que o estado da pavimentación actual non era o adecuado, este viario é usado tanto para o acceso a leiras agrícolas como vivendas”. O concelleiro engade que “para conseguir financiamento para esta obra optamos por unha subvención dirixida á mellora de accesos a fincas agrícolas”.
Os traballos supoñen unha inversión de 43.374,00 euros, financiándose con cargo a unha subvención do Plan Marco da Axencia Galega de Desenvolvemento do Medio Rural (Agader) e con fondos propios do concello.
Pola súa banda o Alcalde, Carlos Gómez Prado, comenta que “é unha actuación de renovación en beneficio do tráfico rodado. Así, os veciños e veciñas desta zona de Baredo poderán gozar da mellora prevista co asfaltado deste viario” e engade que “seguimos coa intención de por en valor as nosas parroquias, sempre co obxectivo de mellorar o día a día da veciñanza”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal