Uns meses despois da súa inauguración, e tras acoller actividade cultural durante todo o verán dentro da programación “Baiverán”, organizada pola Concellaría de Cultura do Concello de Baiona, o Multiusos- Mercado de Sabarís retoma as exposicións coa mostra colectiva do Grupo Galeoska.
As persoas interesadas poderán visitar a exposición de pintura, fotografía e escultura “Do pensamento grupal á creación individual” desde o día 1 de outubro até o 15 deste mesmo mes en horario de luns a venres de 17:00- 20:00h e os sábados e domingos de 11:00-14:00h/ 16:00-20:00h.
As seguintes exposicións que ocupará o espazo serán a de Maria José Bravo, con técnicas mixtas, oleo, acrílico e acuarela e a de Francisco Javier Soa, con fotografías de viaxes e retratos. Poderase gozar destas mostras do 16 ao 30 de outubro en horario de luns aberto 18:30-20:00h e os sábados e domingos de 11:30-13:30h/ 18:00-20:00h.
O Concello de Baiona organiza este outono actividades culturais en diversos espazos públicos co obxectivo de dinamizar a vida da localidade, contribuír á reactivación económica.
O Alcalde explicou que “queremos que Baiona siga tendo a actividade cultural que nos caracteriza máis aló do verán, pero, á vez, fixemos un importante esforzo por adaptar cada unha delas ás circunstancias actuais e que sexan completamente seguras”. Neste sentido, comentou que se apostou por organizar eventos que se celebrarán en distintos puntos da localidade–Multiusos-Mercado de Sabarís, Auditorio V Centenerio…- e en cada un se cumplirán estritamente todos os protocolos actuais”.
En referencia á programación en si, Gómez Prado explica que “como sempre, buscamos que o noso aceno de identidade sexa a variedade, de modo que podamos ofrecer un calendario de eventos atractivos a calquera persoa, con independencia da súa idade, os seus gustos ”.
As actividades son organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona á fronte de Miriam Costas Iriarte.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal