Mañá xoves, 17 de agosto, Francisco Ledo Lemos pon fin ao ciclo de conferencias organizadas pola Concellería de Cultura e coordinadas por Don Antonio Piñero, ás 20:00h no Multiusos Mercado de Sabarís coa súa ponencia: “EL PRIMER HOMBRE DE EUROPA QUE HABLÓ DE SÍ MISMO. EL POETA GRIEGO HESÍODO DEL SIGLO VIII A.C.”
Os baioneses, baionesas e persoas visitantes puideron gozar os xoves de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:00 horas dun total de 5 relatorios de temática variada e diversa que versarán sobre temas de actualidade e interese xeral como a saúde, a cultura, a historia, a literatura, etc. Estas conferencias súmanse á ofertadas na Programación Baiverán 2023 baixo o título “O Falar das Pedras” organizadas desde ou Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona que continúan a su andadura o vindeiro luns 21 de agosto.
Aqueles que pasaron os xoves do verán polo número 3 de cálea Dr. Benito Fariña (Multiusos Mercado de Sabarís) puideron gozar dun amplo abanico de conferencias moi diversas con relatoras de recoñecido prestixio pertencentes a universidades de todo o País.
Organizadas pola Concellería de Cultura e coordinadas por Don Antonio Piñero, estas conferencias pretenderon: “ser unha cita obrigada para os amantes do faladoiro con catedráticos de primeira orde que nos penetrarán en temas de actualidade e interese xeral.”
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal