Co inicio das vacacións de Nadal nos centros escolares, moitas familias atópanse con grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. É por iso que o Concello de Baiona abre o prazo de inscrición para participar no Programa de Conciliación Nadal 2023. As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o próximo mércores 22 de novembro.
O programa de conciliación Nadal é un programa promovido pola Concellería de Igualdade, a través do Centro Municipal de Información á Muller, que ten como obxectivo a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral.
O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 22 de novembro ás 14:00 horas. Desenvolverase no CPI Cova Terreña, e vai dirixido a menores de 3 a 12 anos. Para máis información poden contactar no teléfono 986 357 552 e 986 35 75 54 en horario de 8:30 a 14:30 horas.
Para calquera aclaración poden contactar no 986 35 75 52 ou no 986 35 75 54 ou no CIM de Baiona.
A continuación, pode descargarse as bases da convocatoria e os anexos para participar no programa:
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal