A Copa de España de Ciclismo na estrada para a categoría Elite/Sub 23 pasará polo Concello de Baiona o vindeiro domingo 15 de maio.
Unha proba que se realizará grazas ao esforzo, á ilusión e o traballo do Club Ciclista Rías Baixas, que fixo posible que podamos gozar desta magnífica proba e deleitarnos cun amplo e rico patrimonio deportivo e cultural relacionado co ciclismo.
Os baioneses, baionesas e visitantes poderán gozar do paso deste gran escaparate do ciclismo amateur español na súa marcha pola nosa vila, atravesando a súa travesía litoral desde Santa Cristina da Ramallosa en dirección Baredo para subir pola estrada da Virxe da Roca ata o Alto da Groba.
Con motivo desta proba, o tráfico quedará puntualmente cortado en xornada de mañá entre as 10:00 e as 11:00 h á espera do paso do pelotón desde a glorieta de “Puente Romano” ata a glorieta de entrada sur a Baiona, rotonda do Villa Rosa, e na estrada de subida ao Alto da Groba.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal